8 de marzo, Día Internacional da muller traballadora

Hoxe 8 de marzo , celebrase o día internacional da muller traballadora. Fai tempo as mulleres non tiñan os mesmos dereitos cos homes, mentres eles saían a traballar fora, as mulleres ocupabanse dos nenos e das labores da casa.Os nenos ian nunha clase e aprendian matemáticas ,filosofía, xeografía...e as nenas ian noutra clase separadas dos nenos e aprendian a coser,cociñar,e sobre todo a relixión...
Agora todos temos os mesmos dereitos.
TEMOS QUE SEGUIR ESFORZANDONOS PARA SEGUIR ASÍ!!!

Instrumentos africanos de música

O alumnado de 5ºC fixo este vídeo sobre algúns instrumentos típicos da música africana. Nel recolleron os que máis lles chamaron a atención. Esperan que vos guste.

Canon en Re Maior de Pachelbel


Este mes estivemos utilizando como música para relaxarnos durante un ratiño, despois de volver do recreo, ao autor alemán Johann Pachelbel. Este autor naceu no século XVII en Nuremberg (Baviera, Alemania).
Pachelbel explorou moitas técnicas e formas de variacións musicais deixando bo exemplo nas súas obras que abarcan dende concertos de música sacra ata suites de clavicordios.
Aínda que viviu en distintos sitios, morreu en 1706 na mesma cidade na que nacera, aos 52 anos.
Este canon que disfrutan os nosos alumn@s de infantil foi a súa obra mais coñecida.
Máis abaixo tendes unha copia da súa sinatura ¿gústavos? Tamén, por certo, unha pequena imaxe da súa faciana, e por suposto o enlace á súa música.

Premio Nacional de Músicas actuais 2011


Abrimos este blog coa boa nova de que o Ministerio de Cultura lle otorgou o Premio Nacional de Músicas Actuais ao cantante e compositor español Santiago AUSERÓN dotado con 30.000 €. O xurado destacou, ademais da súa versatalidade, a investigación e a calidade poética das súas letras.
Os anos anteriores recibiron o premio: Joan Manuel Serrat (2009) e Amaral (2010).
Noraboa en nome de todos os lectores e lectoras de Bibliosigueiro.